Se ha producido un error en este gadget.

Seguidores

martes, 22 de junio de 2010

Voltereta cara adiante: consiste en dar unha volta no chan, aire ou auga enroscando o corpo cara os xeonllos. Para facer unha voltereta cara adiante hai que seguir estes pasos:
1- Posicionarse anicado fronte a unha conchoneta e coa a cabeza cara abaixo, co queixo tocando no esterno.
2- Impulsarse coas pernas cara diante e rodar axudándose das mans.
3-Por último, debemos acabar de pé.Axuda: O axudante debe sosterlle a cara abaixo a cabeza ao que vai executar a voltereta e , con outra man nas pernas, así pode axudalo a rodar.

Votereta cara Atrás: consiste en dar unha volta sobre unha superficie, enroscando o corpo cara os xeonllos e comezando de costas á coplchoneta . Para facer unha voltereta cara atrás hai que seguir estes pasos:

1- Posicionarse anicado de costas á conchoneta e co queixo pegado ao peito.
2- Impulsarse coas pernas cara atrás e rodar axudándose das mans.
3-Por último, debemos acabar de pé.Axuda: O axudante debe sosterlle a cara abaixo a cabeza ao que vai executar a voltereta e , con outra man nas pernas, así pode axudalo a rodar.

Pino: consiste en sorterse co corpo recto e as pernas estiradas sobre as mans nunha posición en equilibrio.

1-Apoiar as mans no chan.
2-Impulsar as pernas cara arriba.
3-Intentar manter o equilibrio o máximo posible.
4-Cair dobrando dobrando a cintura cara atrás.Axuda: Cando a persoa que intenta facer o pino ti poslle a man onde vaian quedar arriba as pernas de dita persoa para suxeitarllas coa man.E cando queira levas o brazo a vez que as pernas del/a e intentas que a caída non sexa brusca.

Voltereta lateral: consiste en en rodar alternando as man coas pernase de lado.

1-Porñer a mesma man coa perna de diante.
2-Impulsarse coa perna de atrás e apoiar a outra man no chan.
3-Apoiar a perna que se atopa máis preto do chan.

Axuda: que unha persoa se situe detrás da que está facendo a voltereta e que te agarre da cintura

Ponte: consiste en poñerse boca arriba nunha posición curva suxeitándote coas mans e coas pernas.

1-Tumbarse no chan poca arriba.
2- Cos brazos cara atrás apoiar as palmas das mans.
3- Agora elevar o corpo sobre as mans e sobre os pés.
Axuda: suxeitarlle as costas á persoa que está facendo a ponte.

Flic Flac:consiste en facer como varias pontes encadeadas dando un pequeno impulso entre cada unha.

1-Facer a ponte dende arriba.
2-impulsar as pernas cara a túa cabeza.
3-Intentar caír de pé e repetir o mesmo varias veces.


Axuda:Cando esté a persoa estea facendo a ponte impulsarlle as costas cara atrás.

Rondada:Consiste en facer a voltereta lateral e, antes de caír dar un xiro e caír de pé e de frente.

1-Porñer a mesma man coa perna de diante.
2-Impulsarse coa perna de atrás e antes de apoiar a outra man no chan, dar un xiro de 90º.
3-Apoiar a perna que se atopa máis preto do chan.

Axuda:que unha persoa se situe detrás da que está facendo a voltereta e que te agarre da cintura e axudalo a xirar antes de caír.

Quinta: é como facer unha voltereta cara atrás pero, no momento no que as costas tocan o chan, hai que estirar as pernas cara arriba cun certo impulso e facer o pino.

1-Apoiar as mans no chan.
2-Facer unha voltereta para atrás pero, cando as costas tocan o chan levantar rectas as pernas cara arriba con impulso.
3-Co impulso das pernas, facer o pino.
4-Intentar caír o máis suavemente posible.


Axuda: Cand0 a perso levante un pouco as pernas, tirarlle un pouco delas cara arriba dándolle impulso.

Mortal para adiante:consiste en facer unha voltereta cara adiante no aire.

1-Saltar cara arriba e adiante.
2-Facer unha voltereta cara adiante coa cabeza pegada ao peito.
3-Caír de pé.


Axuda: Darlle impulso á persoa a persoa que está facendo a mortal.

Mortal para atrás:consiste en facer unha voltereta cara atrás no aire.

1-Saltar cara arriba e atrás.
2-Facer unha voltereta cara atrás coa cabeza pegada ao peito.
3-Caír de pé.



Axuda: Darlle impulso á persoa a persoa que está facendo a mortal.

No hay comentarios: